Estás enComunicacións
Comunicacións
O V Foro da Cidadanía e Comunicación inclúe a publicación daquelas comunicacións que seleccione o comité cientifico. Os resumos das comuniacións deberán chegar por correo electrónico ao enderezo info@forocidadania.org antes do día 20 de outubro de 2009. A notificación das comunicacións aceptadas será o día 30 de outubro de 2009. O envío do texto completo finaliza o día 2 de novembro de 2009.
O comité científico recollerá os traballos que aborden problemáticas do campo comunicativo referentes á esfera pública e ás políticas públicas sobre os medios de comunicación.
Áreas temáticas preferentes – non excluíntes - :
- Políticas culturais e de comunicación
- Esfera pública e servizo público de comunicación
- Comunicación popular ou alternativa
- Teorías de Comunicación e Métodos de Investigación en Comunicación, referentes ás anteriores áreas
- Outras áreas con afinidade ao estudo do ben público (socioloxía, antropoloxía, filosofía, economía…)
ABSTRACTS
Os abstracts non deberán superar as 200 palabras e dentro deben ir destacadas as palabras chave. Enviaranse mediante o link Contacta - Enviar comunicación.
COMUNICACIÓN COMPLETAS SELECCIONADAS
As comunicacións completas seleccionadas serán enviadas en formato Word ou pdf. A A extensión máxima será de 10 folios DIN A-4, cun espazo interlineal de 1,5. A fonte será Times New Roman, corpo 12. Na comunicación respetarase unha marxe de 3 cm nos catro lados en cada folio. O título, epígrafes, subepígrafes, así como autor/es e máis a universidades que pertencen, irán en negriña. Todas as páxinas deberán ir numeradas. Xunto ao texto das comunicacións os autores deberán adxuntar unha pequena biografía profesional de non máis de 5 liñas.











