Estás enCidacom

Cidacom


O Grupo de Investigación GI-1927 da Universidade de Santiago de Compostela Cidadanía e Comunicación (Cidacom) adscrito ao Departamento de Ciencias da Comunicación emprendeu vai agora para catro anos a celebración anual dun Foro no que se tenta por en debate aspectos relativos ás liñas de investigación emprendidas ou que se queren emprender. As principais liñas de investigación de Cidacom céntranse en tres eixos básicos:

  • a creación de espazos de comunicación.
  • a disposición de ferramentas comunicativas para a cidadanía.
  • a consecución de representación e participación da cidadanía nos medios.

Así mesmo, de par destas tres cuestións básicas, xorden unha serie de de liñas transversais de traballo, como son:

  • As novas tecnoloxías da información e da comunicación.
  • as políticas de comunicación e cultura e as súas implicacións comunitarias.
  • os estudos de comunicación, a súa teoría crítica.
  • a economía política da comunicación.
  • os xéneros xornalísticos e narrativos.
  • a historia da comunicación en Galicia.

Para conseguir estes obxectivos Cidacom ofrece unha serie de servizos e recursos:

  • Informes e auditorías para empresas e institucións.
  • Desenvolvemento de planos de comunicación tendo en conta cuestións coma: as iniciativas comunicativas de creación de tecido social e cidadán, os códigos deontolóxicos na comunicación, a promoción e xestión do audiovisual do espectáculo, os eventos artísticos, culturais, turísticos e do lecer e o deseño de axendas e contidos culturais para a cidadanía.
  • Formación continua ou modular para entidades, empresas e asociacións: na que se trate a reciclaxe profesional xornalística na sociedade da información e da comunicación, a alfabetización audiovisual, o desenvolvemento de materiais didácticos e a especialización xornalística.
  • Organización de congresos e xornadas académicas.
  • Publicacións científicas.


Histórico

PATROCINADORES

Secretaría Xeral de Emigración

 

Ministerio de Trabajo e Inmigración