II Xornadas sobre Información e Xénero

A facultade de Xornalismo celebra as II Xornadas sobre Información e Xénero

Ao longo dunha semana, reuniranse en Compostela recoñecidas expertas feministas en distintas áreas do saber

O prazo de inscrición estará aberto até o 20 de abril

Do 26 ao 30 de abril celebraranse, na facultade compostelana de Ciencias da Comunicación, as II Xornadas sobre Información e Xénero. Ao longo dunha semana, as xornadas reunirán a expertas na análise, dende as teorías feministas e de xénero, de distintas áreas do saber, dende a economía, a política e a cultura, até a saúde, as novas tecnoloxías, o medio ambiente ou a xustiza social. Analizarán as claves que ofrece a análise destas áreas dende a perspectiva de xénero co obxecto de poñer ao descuberto, así mesmo, as carencias dos medios, que a miúdo esquecen as circunstancias específicas que afectan ás mulleres na elaboración dos seus contidos

A Comunicación e o Ben Público

9, 10 e 11 de Novembro do 2009

Nas sociedades nacionais occidentais pode observarse a condensación e multiplicación no volume da comunicación política. Ó mesmo tempo, as esferas políticas están inundadas pola comunicación de masas, que poucas veces se caracteriza polos formas definitorias de deliberación.

A inflación no volume das mensaxes, as ideas e as imaxes en circulación produce a impresión de que a política hoxe está cada vez máis inmersa nos procesos de comunicación de masas e que, con efecto, é absorbida e transformada pola comunicación de masas.

A crecente concentración e conglomeración da propiedade nos sectores de medios das sociedades máis industrializadas, cada vez máis xustificados por funcionarios estatais e portavoces corporativos en nome da “competitividade global”, está repolitizando a esfera pública de maneiras que van en detrimento da supervisivión e responsabilidade pública.

Aínda que hoxe poidamos apuntar ás novas oportunidades de acceso á comunicación pública, que ofrecen un conxunto de institucións e técnicas novas (dende a televisión comunitaria a internet), é evidente que as diferencias sociais entre os que teñen “poder informativo” e os que non o teñen está a medrar. Amais, o que se ten por “debate racional” na era da “xestión da opinión pública” é unha cuestión de disputa continua entre discursos desiguais sobre a cidadanía, dos que só algúns ven as súas definicións avaladas e autorizadas polos medios de comunicación.



Histórico

PATROCINADORES

Secretaría Xeral de Emigración

 

Ministerio de Trabajo e Inmigración